Imaxe de Contrast. |
215. Ssssh é unha reflexión sobre a comunicación humana, e sobre as diferentes formas de levala a cabo. Indica diferentes formas de comunicación presentes no texto.
216. A protagonista elabora todo un código de signos xestuais para se comunicar coas persoas que a rodean. Agora ides realizar un traballo colaborativo consistente nunha exposición de colaxes sobre comunicación xestual. Fases de elaboración:
1ª fase: Collede unha cámara de fotos ou o voso móbil e realizade o voso propio catálogo de signos xestuais. Deben aparecer como mínimo os seguintes: aburrimento, alegría, anoxo, bico, noxo, preocupación, sexy, sono, sorpresa, sospeita.
2ª fase: Recompilade todas as fotografías e agrupádeas polo tipo de expresión: aburrimento, alegría, anoxo, bico, noxo, preocupación, sexy, sono, sorpresa, sospeita.
3ª fase: Elaborade dez paneis de gran tamaño cos seguintes títulos: Morro de aburrimento / Estoupo de ledicia / Estou anoxad@ contigo / Regáloche un bico / Que noxo! / Onde están as chaves? / Ummm, cada día estás mellor! / Caio co sono / Que sorpresa! / Quen o fixo? En cada panel pegaredes as fotografías correspondentes a esa expresión.
4ª fase: Colocaredes os paneis na vosa aula ou preferentemente nun lugar público do instituto para amosar o resultado do voso traballo.
5ª fase: Se queredes podedes facer unha montaxe en vídeo da vosa exposición mediante a sucesión rápida das imaxes ou calquera outra técnica que decidades.

217. Ademais, no texto tamén atopamos unha reflexión sobre as distintas necesidades de comunicación que cada un ou unha de nós temos. Como cualificarías ti as necesidades de comunicación da protagonista? Identifícaste con ela neste sentido? As túas necesidades comunicativas son maiores ou menores? Escribe unha listaxe das persoas coas que falas ao longo do día. Logo escribe outra listaxe coas persoas coas que realmente cres que te comunicas. Que diferenzas atopas entre unha listaxe e outra, con que criterios seleccionas as persoas coas que te comunicas. Nestas listaxes usaches o termo comunicación no seu sentido lingüístico de transmisión de información ou utilizaches o termo con outro significado? De ser así, explica con cal.
218. Elabora unha adaptación en podcast da historia de Séchu Sende.
218. Elabora unha adaptación en podcast da historia de Séchu Sende.
219. Este texto convídanos ao estudo das onomatopeas. Investiga que é unha onomatopea e cales son os seus usos máis frecuentes.
Imaxe de borkur.net en Flickr. |
220. As onomatopeas son un recurso fundamental na linguaxe da banda deseñada. Agora ides realizar un traballo colaborativo consistente na elaboración dunha presentación ou vídeo mediante a recompilación de onomatopeas visuais. Para isto é conveniente que vos repartades en tres grupos:
Grupo 1 - (o que necesita menos membros) procurarán exemplos de onomatopeas en Internet, preferiblemente imaxes con licenza compartida (Creative Commons). Os arquivos que atopen clasificaranos en cartafoles segundo o significado da onomatopea e numeraranos. Logo, nun arquivo de texto, incluirán unha táboa cos seguintes datos: o número de cada arquivo de imaxe, o cartafol no que está incluído o arquivo en función do significado da onomatopea e a referencia, isto é, a autoría da imaxe (co enderezo linkeado) e o lugar onde se pode atopar. Aquí tes un exemplo da táboa.
Grupo 2: procurarán exemplos de onomatopeas nos fondos da vosa biblioteca escolar (fundamentalmente nos cómics). Unha vez atopados, escanearanos adxudicándolle a cada arquivo un número, logo levarán a cabo unha clasificación como a realizada polo Grupo 1 coas imaxes provenientes de Internet. A diferenza do Grupo 1, neste caso deberán indicar na referencia o autor, título e ano da publicación de procedencia.
Grupos 1, 2 e 3: Realizarán paralelamente un traballo de invención de novas onomatopeas.
Grupo 3: O terceiro grupo asumirá o labor de montaxe da presentación ou vídeo. En primeiro lugar deberán recompilar o material dos outros grupos e reordenalo por cartafoles semellantes para despois, unha vez unificados os cartafoles, ordenalos segundo o tipo de significación. É importante que no produto final queden claras as significacións das diferentes onomatopeas.
221. Elabora unha adaptación en banda deseñada da historia de Séchu Sende.
221. Elabora unha adaptación en banda deseñada da historia de Séchu Sende.
222. Agora tócache escribir a ti. Debes inventar unha historia que cumpra as seguintes condicións:
a) Extensión mínima de 300 caracteres.
b) Que manteña un argumento lóxico.
c) Que conteña o máximo número de onomatopeas.
Escollede as dúas mellores historias e realizade con elas un podcast ou unha banda deseñada.