O señor do traxe gris

Fotografía de DTLUX.

198. Le o título. Que che suxire?

199. O señor do traxe gris é unha metáfora, a quen cres que fai referencia?

200. Onde está o señor do traxe gris? Dise no texto ou deducímolo?

201. Cos poucos datos que se nos dan desta personaxe, poderiamos realizar unha descrición do carácter do protagonista?

202. Enumerade as accións do señor do traxe gris. Que accións fundamentais realizou este home desde que sentou ata que se ergueu?

203. Enumerade agora as consecuencias desas accións.

204. Cunha única acción o autor consegue que o señor do traxe gris nos resulte antipático, cal é?

205. Que teñen de particular os nomes propios do texto?

206. Como se denomina un texto descritivo do carácter dunha persoa?




207. Repasemos a TIPOLOXÍA DOS TEXTOS DESCRITIVOS. Completa este esquema sobre a descrición asignándolle a cada concepto un destes termos específicos: écfrase, retrato, etopea, caricatura, autorretrato, topografía, prosopografía, cronografía.

Descrición de persoas (dos trazos exteriores e dos costumes e trazos morais): ____________
  • Descrición que alguén fai de si mesmo: ____________
  • Descrición dos costumes e trazos morais de alguén: ____________
  • Descrición dos trazos físicos ou aspecto exterior (dunha persoa ou animal): ____________
  • Descrición que ridiculiza ou toma a broma o descrito mediante a deformación grotesca dos trazos físicos ou de carácter: ____________
Descrición de lugares (tamén de paisaxes e ambientes): ____________
Descrición de épocas (de feitos históricos segundo unha orde cronolóxica): ____________
Descrición dunha obra de arte de forma detallada: ____________

208. Cal é o tema deste texto? Que ensinanza pretende transmitir?

209. O texto fai unha lectura concreta de como funcionan as estruturas de poder nas sociedades occidentais dos nosos días. Compartes esta visión? Argumenta convenientemente a túa resposta.

210. Poñede en común as vosas reflexións sobre a actividade anterior.

211. Realiza unha adaptación desta historia en 6 viñetas utilizando só os tons grises.