O paracaídas

Imaxe de o0bsessed.



193.  O texto está narrado en primeira persoa. Quen é ese eu? Que datos nos ofrece sobre a súa persoa? Que outros datos que non se din, deducimos nós?

194.  Cres que o texto é tráxico, cómico, as dúas cousas? Xustifica a túa resposta.

195.  Cales son os elementos nos que reside o humor? Búscaos no texto.

Imaxe de Bluecatproject.
196. Coñeces algunha persoa cunha enfermidade dexenerativa? Que provoca a incapacidade de desenvolver a facultade de comunicación?

197. Imaxina que entras na túa propia casa por primeira vez como unha persoa extraña. Relata as impresións que che producen as cousas e persoas que atopas nela buscando un enfoque como o da historia de Sende. Logo lede as vosas producións na aula e se o desexades tamén podedes publicar as que vos gusten.