61. Este texto fala de palabras que se compran e se venden. Como podes ver, neste libro as palabras teñen moita importancia. Para coñecer a opinión que ten o autor sobre o valor das palabras convidámosvos a que leades a entrevista que lle fixeron a Séchu dúas alumnas do IES Escolas Probal do concello de Nigrán aproveitando que foi polo seu centro.
Clica aquí para ler a entrevista. |
62. Fíxadevos na última pregunta e na resposta:
P: Que significan para ti as palabras, por que te preocupas tanto por elas no teu libro, realmente teñen tanta importancia?
S.S.: A verdade é que me levo ben coas palabras, temos unha boa relación... Mais, así como hai falsificadores de xoias e cadros tamén hai falsificadores de palabras; os medios de comunicación, onde se contan algunhas cousas, outras a medias e moitas veces falsean a realidade a través das palabras.
Por outro lado, son o máis importante, é dicir, a maioría dos problemas que temos os seres humanos son por falta de comunicación. Cando un país invade outro dáse unha situación de abuso e as palabras serven como pretexto.
Lévome ben coas palabras, pero gústame advertir do seu poder, hai palabras coas que hai que ter coidado.
Quen son para Séchu Sende os "falsificadores de palabras? Por que pensa iso? Concordas con el? Xustifica a túa resposta.
63. Ti tamén cres que a falta de comunicación é a orixe da maioría dos problemas? Exemplifica a túa resposta cun exemplo próximo a ti.
64. Pensas que hai palabras coas que hai que ter coidado? En caso afirmativo, busca dez destas palabras e explica en que consiste o seu poder e/ou perigo.