148. Perdiches algunha vez a túa lingua? Lembras cando ou onde?
149. Hai moitos falantes que despois de se pasaren ao castelán volven falar galego. Por que cres que o fan? Cres que ese proceso é posible no teu caso? Por que?
150. O protagonista desta historia perdeu a lingua nunha discoteca o día que coñeceu á que agora é a súa muller. Saberías explicar como a perdeu? Por que estás tan segur@ de que foi así?
Cres que é máis difícil ligar en galego? Por que? Cres que as rapazas e os rapaces se comportan igual á hora de ligar en galego? Cales son as diferenzas? Por que cres que se producen esas diferenzas entre uns e outras?
151. Séchu Sende inventa unha oficina de obxectos perdidos onde se pode recuperar a lingua. Inventa ti un texto no que alguén intente recuperar algo insólito na mesma oficina. Logo podedes realizar un podcast ou un vídeo cos vosos mellores textos.