Laboratorios sociais de normalización lingüística


136. En moitas ocasións o punto de vista é o que marca a diferenza na obra literaria, o punto de orixinalidade que nos leva a adoptar unha óptica determinada. Neste texto estamos ante un deses casos, cal é o punto de vista?

137. En cal das catro secuencias textuais básicas clasificarías este texto (narración, descrición, argumentación ou exposición)? Segundo isto, estariamos ante un texto científico ou técnico? Xustifica a túa resposta con datos tirados do texto.


138. Que características lingüísticas podemos salientar no texto? Para responder fíxate no tipo de palabras que predominan, no tipo de léxico, no tipo de enunciados, na estrutura...


139. Lede o seguinte texto:
EXPECTORANTE DA RABIA E CALMANTE DA FURIA - é da autoría de Cristina Blanco, María Naveira, Andrea Rivera e Cristina Roel, alumnas de 1º de Bacharelato Tecnolóxico do IES As Mariñas de Betanzos en xuño de 2010.  Nel poderás ver un exemplo de como partindo deste relato do libro de Séchu Sende crearon unha nova proposta literaria en forma de prospecto médico na que o galego asume o papel de medicamento.

140. Inventa un texto con esta mesma óptica narrativa  mais con outro centro de interese, podes escoller entre un dos tres seguintes: o amor, un lugar ou un invento novo.