Agulla de marear, fotografía de Luís Pérez en Flickr. |
8. Que significa collerlle a alguén a agulla de marear? A que tipo de persoas se adoita aplicar esta expresión? Neste texto quen lle colle a quen a agulla de marear?
9. Agulla é unha palabra polisémica, explica os diferentes significados que pode ter esta palabra en relación cos seguintes elementos: confección, náutica, viño, ave, peixe, medida do tempo, sanidade, arquitectura gótica. Ilustra tamén cada un deles cunha imaxe.
10. Imaxina que tes a posibilidade de rexistrar en propiedade 10 palabras. Cales escollerías.
11. No texto aparecen numerosas palabras co sufixo -ería para indicar o lugar onde se desenvolve unha actividade, cales son? Escribide todas as palabras que se vos ocorran con este prefixo co mesmo significado. Estivestes en todos eses lugares? Hai algún que xa non exista onde vós vivides? Por que outro lugar ou lugares foi substituído?
12. No texto aparecen tamén numerosas palabras cos sufixos -eiro/-eira para indicar a persoa que desenvolve unha actividade, cales son? Escribide todas as palabras que se vos ocorran con estes prefixos co mesmo significado.
13. O índice de produtividade destes sufixos dentro do galego é alto ou baixo? Xustifica a túa resposta. Indica dous sufixos no galego con alto grao de produtividade e dous con baixo grao de produtividade. O grao de produtividade dos sufixos e prefixos é directa ou inversamente proporcional á dificultade de aprendizaxe dunha lingua? Xustifica a túa resposta.